EXCURSIÓN SECUNDARIA

O pasado venres 24 de novembro os catro cursos da ESO participaron nunha saída á cidade de Vigo, onde tiveron a oportunidade de combinar cultura e lecer.

A primeira parada foi no Teatro Afundación Vigo, onde se proxectaron distintos documentais de Cine Submarino. Alí, todos tivemos a oportunidade de coñecer moito mellor un dos xenios mariños da camuflaxe: o cabaliño de mar. Así como o proxecto que se está a levar a cabo na ría de Vigo para conservar as poboacións  existentes desta especie e para a súa cría en catividade.


En segundo lugar, a media mañá, visitamos o Museo do Mar, lugar onde se expón de forma temporal, ate a súa volta a Nova York en Marzo, o pergamiño Vindel: un tesouro en sete cantigas. Este testemuño da lírica existente na Galicia do século XIII, mostra non só a letra de sete cantigas de amigo de Martín Codax nas que se menciona á cidade de Vigo; senón tamén a súa notación musical, algo que convirte a este pergamiño nun documento de gran valor histórico.

Tras empaparnos coa historia da musica dos nosos devanceiros e ademais coa choiva, desprazámonos ate os arredores do Naútico de Vigo, onde comemos. E despois comezou a parte lúdica da saída, a patinaxe sobre xeo. Houbo de todo: temorosos comezos, xiros e voltas de expertos, …, pero principalmente  MOITA DIVERSIÓN.

Blog Attachment

Déixanos un comentario