O PERGAMIÑO VINDEL

Os alumnos da ESO terán a oportunidade este venres de acudir ao Museo do Mar de Vigo para desfrutar da exposición máis importante do ano en Galicia,  a que baixo o título de «Berce da nosa cultura», mostra unha das pezas máis salientables da nosa historia cultural: o PERGAMIÑO VINDEL. Dito pergamiño, que leva máis de 40 anos na institución neoiorquina Morgan Library and Museum, é un documento de incalculable valor, pero a pesar diso, resulta ser un perfecto descoñecido para a maior parte dos galegos. É por iso, que  os alumnos de Terceiro de ESO levaron a cabo un traballo de documentación e prepararon para nós una exposición oral na que nos explicaron a importancia deste documento, a sorprendente historia do seu descubrimento, e nos falaron de Martín Códax e as cantigas medievais, así como do libreiro Pedro Vindel.

Blog Attachment

Déixanos un comentario