QUÉ BEN ME SINTO!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
Como xa levamos facendo dende que comezamos a escolaridade seguimos a disfrutar das sesións de Interioridade. As novas tendencias educativas sinalan os múltiples beneficios de este tipo de actividades.
Xa estamos en primaria e estas sesións facémolas con varios profesores nas distintas materias: plástica, música, educación física e relixión.
Pouca luz na aula, música relaxante e tombados na nosa alfombra son os requisitos necesarios para empezar ben. Outras veces é un xogo divertido ou unhas imaxes na pantalla o que nos invita a concentración.
Para axudar a relaxación facemos a ” técnica do minuto”: tres respiracións profundas, soltando o aire de golpe e tres respiracións profundas, soltando o aire muy lentamente.
Estas actividades precisan que esteamos en silencio, que todos colaboremos e nos respectemos uns aos outros.
Cada vez que remata unha sesión de interioridade a nosa sensación é agradable, estamos serenos e tranquilos.
O noso colexio aposta por actividades de este tipo porque nos axudan a ser mais reflexivos, a disfrutar das pequenas cousas de cada día, a estar mais atentos…Traballar a intelixencia emocional, a empatía, a sabernos por no lugar do outro…a ter recursos para afrontar problemas…a facernos mais sensibles cara o mundo que nos rodea.