O VALO
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, Ed. Secundaria
Os alumnos de 6º de Primaria e 1º de ESO asistiron o pasado venres a unha actividade proposta dende o Concello, un espectáculo de Clown sobre as fronteiras e persoas refuxiadas chamado «O VALO«, de Pallasos en Rebeldía.
O espectáculo, traído a través do Fondo Galego de Cooperación, está baseado na obra «O Valo» de Carlos Labraña, gañadora do IX Premio Manuel María de Literatura de Dramática Infantil”, e tiña como obxectivo a reflexión sobre as fronteira e as migracións, evitar o esquecemento das guerras e das persoas refuxiadas e convidar á transformación da realidade pensando nun mundo diferente.
Os nenos desfrutaron moitísimo, riron e se concienciaron dunha realidade que, desgraciadamente, ven nos xornais case todos os días.