GRADUACIÓN 4º ESO
O pasado venres, 16 de xuño, os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO puideron desfrutar, xunto coas súas familias e amigos, da súa “despedida oficial” do colexio.
O acto consistiu nunha Eucaristía, na lectura de diferentes discursos cos que tivemos a oportunidade de recordar moitos bos momentos, rir e ata emocionarnos, e a entrega de orlas e intercambio de agasallos. Despois fomos todos xuntos ata o patio cuberto, onde ceamos uns riquísimos pinchos e os deliciosos postres que eles mesmos e as súas familias trouxeron. Noraboa, rapaces, botarémosvos de menos!