MANS E NÚMEROS

Todo o que ocorre o noso arredor está cheo de matemáticas: paseamos pola rúa e temos sinais con formas de triángulos, círculos…; as fiestras e portas son cadrados e rectángulos; o cole está cerca e o súper está lonxe; as casas teñen números nas portas; un dado é un cubo e un balón é unha esfera; no parque hai un tobogán, tres balancíns, catro bambáns…; o neno sabe os seus anos, os da súa irmá e tamén sabe o teléfono da casa etc.

Todos estes aprendizaxes informais son relevantes e importantes. Nenos e nenas vívenos, compréndenos e interiorízanos. A Educación Infantil é a etapa na que cativas e cativos son máis curiosos e teñen unha maior capacidade de imitación e repetición.

É nesta fase, estando en contacto con experiencias matemáticas, cando chega a abstracción do número, manipulando diferentes materiais, separando, xuntando, contando, comparando…

Aquí temos as nenas e nenos do último curso de infantil, manipulando paus, ovos… contando, sumando, restando… traballando a competencia matemática por medio do xogo.

Blog Attachment

Déixanos un comentario