COIDAMOS O PLANETA

Como cada ano, o cinco de xuño conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente,  xornada que se vén  celebrando dende o ano 1972 para promover a sensibilización e a adopción de medidas para preservar e coidar o medio.  Desta volta, os nenos e nenas de 6º de Primaria realizamos diversas actividades na aula, entre as que destacamos a confección dun mural. Para iso, traballamos de xeito cooperativo e facendo uso dalgunhas técnicas de aprender a pensar.

Entre todos informámonos e buscamos pequenas accións que puidésemos levar a cabo para contribuír ao coidado e respecto do medio ambiente e despois plasmámolas nun gran cartel.

Tamén pensamos que as nosas ideas non deberían quedar só no papel e que podiamos aportar o noso granciño de area a esta causa. Así que puxémonos en contacto con ANABAM e fomos realizar unha limpeza da zona do Seixal, que nos serviu para axudar e, ao mesmo tempo, para sensibilizármonos.  Dámoslles as grazas dende aquí polo ben que nos trataron  e animámosvos a que vós tamén coidedes e respectedes o medio.

Blog Attachment

Déixanos un comentario