«LE NA GUARDA»

Os alumnos de Segundo da ESO do noso centro participaron na campaña do Concello «Le na Guarda», coa que se animaba os rapaces a saír ler un libro en galego ao aire libre  nalgún lugar fermoso da nosa localidade, e plasmar ese momento nunha fotografía. E iso foi o que fixemos! Saímos cos nosos libros e tivemos unha clase de literatura diferente.  

Aquí tedes unha mostra do noso traballo, e tamén podedes ver as fotos na web do Concello, no seu Facebook e  Instagram ata o mércores 31 de maio e no enlace http://www.infominho.com/index.php/id/51/objeto/33673

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario