EMOCIÓNS E MÚSICA

Todos sabemos que as emocións están presentes no noso día a día. Por iso os nenos e nenas de 4º de primaria estiveron realizando un proxecto sobre as diferentes emocións, tanto positivas como negativas.


Traballaron en grupos e utilizaron a técnica do “ Análise Asociativo”. Resultoulles un traballo moi interesante.


Para completalo un pouco máis, relacionaron as diferentes emocións coa música.
Mediante a voz e o canto pódense transmitir sensacións de paz, tranquilidade, ledicia, felicidade…pero tamén de rabia e odio.

A música ten a capacidade de cambiar  o noso estado de ánimo. Así que  buscaron diferentes cancións onde quedaran reflexadas as emocións que lles correspondían a cada un dos seus grupos.

Para finalizar fixeron a exposición dos  traballos diante dos seus compañeiros e disfrutaron todos xuntos da música.

Blog Attachment

Déixanos un comentario