PANADEIROS!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
Fai uns días, os alumnos de 6º de Infantil, convertéronse en panadeiros por un día.
Primeiro, tiveron que pensar que ingredientes precisaban para facer pan e, a continuación, pesaron as cantidades necesarias para a súa elaboración. Mesturaron todos os ingredientes e puxéronse mans á obra!
Aínda que a algún non lle facía moita gracia iso de meter as mans nesa mestura pastosa e estraña, todos fixeron a súa boliña de pan.
Despois de reposar un tempo, e de pasar polo forno…
Velaí estaba! …O noso primeiro pan feito coas nosas mans!