OS PROXECTOS

Nesta terceira avaliación, o alumnado de 2º e de 3º de ESO terá que rematar os seus respectivos proxectos. De feito, tendo en conta que durante a segunda avaliación foron dándolle forma, agora xa só teñen que definir os mecanismos e accionamentos que farán que traballen correctamente cumprindo os obxectivos fixados ao inicio do proxecto.

No caso de 2º de ESO, o proxecto que están a desenvolver é a construción dunha ponte levadiza accionada por poleas. Na primeira fase o accionamento farase de xeito manual e na segunda fase o accionamento farase a través dun motor eléctrico que xirará as poleas de xeito que suba ou baixe a ponte levadiza. Na imaxe pódense ver os diferentes deseños que levaron a cabo cada un dos grupos. Pronto comezarán a fase de presentación do proxecto onde ademais de garantir que o funcionamento é correcto terán de darlle o acabado que consideren mais adecuado para que o parecido cunha ponte real sexa o maior posible. 

Mentres que no caso do alumnado de  de ESO, o proxecto que están a levar a cabo trátase dun “coche rebotador”. É dicir, un coche accionado cun motor eléctrico que levará incorporado un sistema de cambio de sentido de xiro, de maneira que cando choque cun obstáculo cambie de sentido de avance. Na imaxe só se mostra a estructura interna do mesmo que irá recuberta por unha carrocería de deseño propio creación de cada grupo. As rodas e o motor que as acciona están en fase de construción polo que aínda non foron ensambladas.

Anímovos a consultar futuras entradas na nosa páxina web para poder ver o aspecto final destes proxectos de Tecnoloxía.

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario