LER É UN PRACER!

Para conmemorar o Día do Libro, o pasado 26 de abril os alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria visitamos a Biblioteca Municipal.

Marisol, a bibliotecaria, explicounos como ser socios e gustounos moito a idea. Animounos a descubrir o mundo máxico dos contos e gozamos ollándoos e lendo libremente.

No colexio durante a semana recordamos escritores importantes como Miguel de Cervantes e non podía faltar unha lembranza para a escritora infantil Gloria Fuertes.

Ler contos, poemas, historias… en castelán, galego, inglés… é unha aventura moi divertida, pero inda é máis divertido imaxinar un final diferente. Utilicemos a nosa imaxinación e creatividade!!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario