VISITAMOS PONTEVEDRA

 

O xoves, 6 de abril, os alumnos da ESO desprazámonos ata Pontevedra para facer unha visita cultural.

En primeiro lugar, disfrutamos dun percorrido polo centro histórico da cidade, onde nos explicaron moitas curiosidades, como o significado dos numerosos escudos que decoran as fachadas, por que a estatua de Valle Inclán non ten brazo ou quen foi o loro Ravachol, entre outras.

A continuación, asistimos no Museo de Pontevedra a diferentes charlas, dependendo do curso. Aos de 1º de ESO faláronnos sobre a prehistoria en Galicia; aos de 2º, sobre o significado e interpretación das imaxes ao longo da historia da arte, e os de 3º e 4º achegámonos á figura e obra de Castelao.

Para rematar, comemos e descansamos todos xuntos na illa das esculturas, disfrutando do día á beira do río. Unha xornada diferente!

Blog Attachment

Déixanos un comentario