XORNADA DIDÁCTICA

 

Os alumnos de sexto de primaria, participamos o xoves  23 de marzo, nunha xornada didáctica (promovida polo Departamento de Turismo do Concello) titulada “Coñecedes a lamprea?”

En primeiro lugar vimos unha proxección na que nos explicaron como e onde se recollía esta especie, as diferentes artes de pesca que se utilizaban en diferentes zonas, a época do ano na que se capturaba,etc.

A continuación Ismael e Héctor, dous mariñeiros guardeses que se adican a pesca da lamprea, explicáronnos , dun xeito máis detallado,  en que consistía a súa profesión e como era o seu día a día. Moi duro, por certo!

Tamén poidemos ver  e tocar unha lamprea que eles mesmos pescaran a noite anterior. Agora xa sabemos un puco máis deste producto tan típico da nosa comarca.

Xa na clase, realizamos un debuxo que decorará os locais que participan na “Ruta do pincho da lamprea do Miño”. Animámosvos a que vaiades a velos e a degustar a lamprea.

Blog Attachment

Déixanos un comentario