«SEGUROS POLA RÚA»
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, Innovación
“Seguros pola rúa” é o título do proxecto que estamos levando a cabo ao longo do segundo trimestre, os nenos e nenas de sexto de primaria.
Agora que xa imos medrando, e saímos á rúa, sós ou montados en bicicleta, non está demais que coñezcamos as principais normas de educación vial para peóns, ciclistas ou viaxeiros e poder circular así máis seguros polas rúas.
Con este proxecto aprendemos os principais sinais de tráfico, os comportamentos correctos para peóns, ciclistas e viaxeiros , a linguaxe dos gardas de tráfico…
Tamén realizamos unha visita a autoescola Miño, onde Laura e Ramiro, os seus propietarios, nos recibiron e atenderon moi amablemente.
Ramiro impartiunos unha clase teórica onde reforzamos os contidos que anteriormente traballáramos na clase e aprendemos outros novos.
Agora xa somos un pouco máis conscientes dos perigos e do importante que é coñecer e respetar as normas de educación vial para evitar riscos que poñan en perigo as nosas vidas.
Ao rematar Laura tíñanos preparada unha estupenda merenda e uns fermosos agasallos para todos.
Damos as grazas aos propietarios da autoescola Miño pola súa atención e colaboración.