OLLO AO CONSUMO!

O pasado 15 de marzo foi o Día Mundial dos dereitos das persoas consumidoras,  e o noso colexio participou con outros centros galegos en dúas charlas sobre consumo responsable, a través do sistema de videoconferencia. Esta actividade foi promovida pola Escola Galega de Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Á primeira, Unha pegada cara o consumo responsable  asistiron os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria; por medio dunha historia ficticia, aprenderon como actuar para resolver un problema de consumo nunha tenda.

A segunda, para a ESO, titulábase: “Coñece os teus dereitos como persoa consumidora”,  e  nela explicáronnos os distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiados con exemplos prácticos. Debemos recoñecer que resultou un pouco densa, por ser demasiado técnica para a idade dos alumnos.

Como curiosidade, dicir que este día celébrase dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores.

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario