GRANDES XORNALISTAS
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
Estes días celebramos “A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA”. É unha conmemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia desde 1989 co gallo de achegar os medios de comunicación á aula.
Durante esta semana traballamos na aula con xornais. Buscamos os nomes dos diarios, novas interesantes, fotos que nos chamaban a atención…
Logo de investigar nos periódicos chegou a hora de escribir as nosas propias noticias. Para nós escribir inda é un pouco difícil, pero somos valentes e… fixémolo no cole, pero tamén na casa, coa axuda de papá e mamá. E como somos plurilingües, algún mesmo se animou a traer a noticia en inglés.