SUPER-DETECTIVES
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
INVESTIGANDO NO MUSEO
Este luns pasado, moi cedo, viaxamos a Vigo. No museo coñecemos a Pintafontes e axudámoslle a resolver un misterio.
Alguén durante a noite fixera unha festa na sala e deixara pegadas de pintura verde e azul por alí. O xuíz culpou os peluches pero nós sabiamos que eles non foran. Estivemos investigando, estudando pistas, e démonos de conta que Brancaneves era a infractora. Fomos a canda o xuíz, este deunos as chaves e liberamos os bonecos.
Cumprida a misión, tomamos un merecido descanso, comemos o bocadillo e fomos visitar un dos grandes dinosauros que habita en Vigo.
Que día tan interesante!!!