DESCUBRINDO CORUÑA

O pasado venres 17 de febreiro os alumnos de de 4º,5º e 6º de Primaria realizamos unha xornada de convivencia na cidade da Coruña. Vistamos A Domus, onde ademais de divertirnos, descubrimos cousas moi interesantes. Unha das cousas que máis nos gustou foi a proxección en 3D titulada “Pequenos Xigantes”. Un documental realmente fermoso que nos ensinou que non sempre os máis débiles son os que perden.

Máis tarde repuxemos forza, e xantamos todo o que as nosas nais nos prepararan. Que bo estaba!

Con ánimos de continuar coñecendo a cidade fomos ata a Torre de Hércules e disfrutamos das fermosas vistas que dende alí se divisan.

Aínda nos quedou tempo  para  visitar o Aquarium Finisterrae e coñecer a Gaston e a súa historia; aprender como se cultiva o mexillón; descubrir  como nacen os peixes e saudar as focas mentres os seus coidadores lle daban de comer.

Foi unha xornada moi intensa onde alumnos e profesores disfrutamos un montón.

Máis fotos na galería: https://carmelitasaguarda.com/cs_gallery/excursion-4o5o-e-6o/

Blog Attachment

Déixanos un comentario