EXISTEN CASUALIDADES

A comezos desta semana enterámonos  de que os nosos compañeiros de Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria ían de excursión, e empezamos a preguntar cando nos tocaría a nós…

Non nos digades como fixeron, pero ao día seguinte, os titores de Primeiro, Segundo e Terceiro comunicáronnos que tamén fariamos unha saída didáctica pola Guarda, a nosa fermosa vila.

Que espectacular día para visitar o Castelo de Santa Cruz! Alí  acompañounos Rosalía, a técnica de turismo do Concello, á que queremos agradecerlle unha vez máis o seu labor e aproveitar para felicitala polo seu Santo!

Partimos rumbo ao paseo do porto, onde nos dispuxemos a merendar, e que grata sorpresa! O Pesca 1, apareceu enriba de nós…Ían facer unha manobra de rescate para os alumnos e alumnas da Sangriña. Dende aquí agradecemos a todos e todas que nos deixásedes participar de tan boa experiencia. Somos uns privilexiados, pois o pai dunha alumna é un dos integrantes do helicóptero e enseguida se volcou con todos nós. Unha e mil veces grazas, Carlos! A emoción que sentimos nese momento será difícil de esquecer…

Blog Attachment

Déixanos un comentario