CHARLA PARA FAMILIAS
- Publicado por admin
- POSTO EN Dep. Orientación
O pasado sábado 31 de xaneiro, os pais e nais do colexio tiveron a oportunidade de disfrutar da charla impartida polo psicólogo Esteban Figueirido Woodford, orientada a informar as familias sobre como tratar o problema das adiccións, ben no ámbito das drogas, ben no das redes sociais.
A conferencia enmárcase nun programa proposto polo Concello, en colaboración coa Asociación Érguete Baixo Miño, que se está a levar a cabo en todos os centros educativos do municipio que contan con Educación Secundaria, e que xa comezou no primeiro trimestre con varias sesións impartidas para os alumnos de 1º de ESO.
A xornada resultou moi interesante e instrutiva, e despois da charla, os pais e nais que así o desexaron puideron plantexar as súas dúbidas ou reflexións.