AULA TALLER

Nas últimas semanas o alumnado de segundo e terceiro da ESO tivo oportunidade, en Tecnoloxía, de traballar na aula taller para comezar a darlle forma ao seu proxecto.

No caso de 2º da ESO o proxecto que están a levar a cabo en grupos de tres é a construción dunha ponte levadiza accionada por poleas. Na primeira fase o accionamento farase de xeito manual e na segunda fase o accionamento farase a través dun motor eléctrico que xirará as poleas de xeito que suba ou baixe a ponte levadiza.

Mentres que no caso do alumnado de 3º da ESO están a levar a cabo en grupos de dúas persoas un coche rebotador. É dicir, un coche accionado cun motor eléctrico que levará incorporado un sistema de cambio de sentido de xiro, de maneira que cando choque cun obstáculo cambie de sentido de avance.

Nas fotos que acompañan a esta noticia, móstrase ao alumnado comenzando a cortar e unir as pezas da estrutura básica de ámbolos dous proxectos en curso.

Anímovos a consultar as futuras entradas na nosa páxina web para poder ver o desenvolvemento destes proxectos de Tecnoloxía.

aula-taller-3

aula-taller-2

Blog Attachment

1 comentario

  • Q
    Reply

    Felicidades a los profes por motivar a los alumnos con proyectos tan chulos!!!

Déixanos un comentario

Déixanos un comentario

Cancel reply