QUEN DIXO MEDO?

Os nenos e nenas de Segundo de Primaria estamos tan ansiosos por aprender que en canto escoitamos que imos probar un nova “técnica de pensamento” non nos dá chegado o día…

Pois o dito, esta vez experimentamos coa ENTREVISTA, e que difícil nos parecía ao principio…! Non sabiamos ben en que consistía, o que se necesitaba e, sobre todo, o máis importante: a quen lla fariamos!

Pero empezamos polo principio, e proba superada! Primeiro centrámonos en entender o que era, e para iso, analizamos diversos exemplos.

Despois fixemos algunhas manualidades simulando os materiais que necesitan os auténticos xornalistas, coma un micrófono e unha tarxeta de identificación, que foi a parte máis divertida para a maioría.

Foto-notas

Custounos ben pouco elixir quen sería o afortunado, porque ata o día de hoxe sabiamos pouquiño del e tiñamos algunha que outra curiosidade.

FOTO-SEGUNDO

E finalmente, pero non por iso menos importante, elaboramos un esquema, para seguir unha orde e non ser repetitivos. En definitiva, queriamos demostrarlle o ben que o sabemos facer.  

FOTO-ESQUEMA

O entrevistado quedou abraiado coa educación coa que lle preguntamos e polas preguntas tan ben formuladas que lle fixemos. Todo un éxito!

Blog Attachment

Déixanos un comentario