A AUGA, AS MÁQUINAS

MAQUINAS-3

 

Os alumnos de 5º e 6º de primaria, xunto cos seus profesores, fixeron unha visita formativa ao Centro Cultural da Guarda para captar a relación entre a auga, a enerxía e as máquinas.

O responsable da exposición e creador das máquinas,  Carlos Javier Álvarez Fernández, explicoulles  a relación que existe entre os tres elementos  e as posibilidades que ofrecen como aproveitamento para facilitarlle o traballo ao home tanto nesta época como en tempos pasados.

A continuación pasou á práctica, e mediante a posta en funcionamento das máquinas, mostroulles aos alumnos, como a forza da auga pode convertirse en enerxía, e esa enerxía pode mover unas palas ou facer que un martelo golpee algún obxecto.

En xeral, a visita foi moi interesante, pois os alumnos estiveron en todo momento atentos e fixeron moitas preguntas.

MAQUINAS-1

MAQUINAS-2

Blog Attachment

Déixanos un comentario