AS RÚAS DA NOSA VILA
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, Innovación
Ao longo deste trimestre os nenos e nenas de 6º de Primaria estivemos traballando nun proxecto titulado ”O nome das nosas rúas”. De xeito interdisciplinar, e dende todas as áreas, fixemos unha morea de actividades e aprendemos cousas moi interesantes. Agora xa podemos movernos pola vila interpretando un roteiro, coñecemos quen foron e que fixeron os membros da Sociedade Pro Monte, sabemos quen foi Concepción Arenal ou aprendemos parte da historia do noso colexio ao estudar a biografía de Dna. Vicenta Rodríguez Cachada. Como colofón ao noso proxecto, ata lle fixemos unha entrevista a Julia Vaquero, que por certo, foi moi amable con nós e agradecémoslle moito que se deixara entrevistar. Non todos os días nos vén visitar unha campioa. Foi para nós unha experiencia inesquecible.