XORNADA DISTINTA

Os alumnos dos catro cursos da ESO puidemos disfrutar o pasado martes, día 13, dunha saída á cidade de Vigo, que combinou o cultural e o lúdico.

Primeiramente, acudimos todos á Fundación Barrié onde asistimos, dependendo do curso,  a unha das dúas charlas programadas para escolares.

Os de Primeiro e Segundo visitamos a exposición de Manuel Gallego, arquitecto de renome. Con ela iniciámonos no mundo da arquitectura a través de  22 proxectos. Partindo dun simple boceto inicial e pasando por unha maqueta,  chegamos ao final a unhas obras onde predomina a luz e dáselle gran importancia á paisaxe dos arredores. Para el, “a arquitectura é a creación dun lugar para usar e vivir”.

excursion-eso-1

Os de Terceiro e Cuarto  disfrutamos dunha charla-espectáculo titulada «Ciencia ou Ficción», na que nos falaron das tramas ou efectos especiais dalgunhas películas e as súas posibilidades reais segundo as leis da ciencia. Puidemos ver como se provocaba unha lapa dun metro de altura, como «fabricar» néboa, como conseguir sermos invisibles ou incluso saber, mediante un sinxelo test, se eramos ou non… mutantes!

excursion-eso2

Despois da visita cultural, desprazámonos todos a Samil, onde comemos, e a continuación acudimos á pista de xeo para  pasalo xenial patinando, co recinto para nós sós. Todo un luxo!!!

excursion-eso-3

Máis fotos na galería: https://carmelitasaguarda.com/cs_gallery/excursion-eso/

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario