PROXECTO CELTA

Os nenos de 4º de primaria estiveron  traballando  nun  proxecto sobre OS CELTAS, co fin de coñecer máis cousas acerca da súa historia, as súas orixes, a súas vivendas…

Traballaron na aula de informática recollendo información, fixeron traballo cooperativo na clase para por en común a documentación conseguida…e incluso algún deles realizou una maqueta dun castro celta.

foto-olga

Por último, para rematar o proxecto, realizamos unha visita ao Monte Santa Tegra para ver o Poboado Castrexo e o  museo,  onde hai unha morea de restos que foron atopados nas escavacións de dito poboado.  Alí explicáronnos un montón de cousas e a pesar do frío que pasamos,  resultou moi interesante.

foto-cuarto

Blog Attachment

Déixanos un comentario