A ABELLA QUE CHEGOU!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
ENTREVISTA ROBÓTICA
Este curso chegaron unhas abelliñas a E. Infantil. A que se quedou na nosa clase de 5 anos é moi faladora, encántalle preguntar.
Abella: Sabes cómo me chamo?
Alex: Siiii! Bee-bot, abella-robot.
Abella: Como se chama o cole onde estou?
Sergio: Colexio San José, das HH Carmelitas.
Abella: Que fago aquí, nesta aula?
Xavi: Xogando cos nosos nomes.
Abella: Gústavos xogar comigo?
Sabela: Si, porque é divertido e aprendemos.
Abella: Que che gustaría aprender comigo?
Nerea: As letras e os números, pero xogando…
Abella: Ti sabes se podo voar?
Daniela: Non podes voar, andas para adiante, atrás, á dereita e á esquerda.
Abella: E como ando?
Alejandro: Rodando, porque tés rodas.
Abella: Que é o que como? De onde saco a forza para me mover?
Todos: Ti non comes, colles enerxía cando te cargamos no ordenador.
Abella: Estou un pouco cansa, creo que me tedes que enchufar… Deica logo.