PLAY IN ENGLISH
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil, Sección Bilingüe
O INGLÉS É DIVERTIDO
Cando entramos nas aulas de Educación Infantil inmediatamente percibimos unha diferenza evidente: a organización da aula, os materiais que nos rodean e a forma na que o profesorado traballa.
Así calquera acción: entrar na aula, quitar o abrigo, planificar o traballo do día, xogar, limpar o nariz, explorar, falar sobre o ocorrido, ou ir ao servizo sós/soas, xunto con escoitar a narración dun conto… son actividades que se suceden dun xeito natural, de tal sorte que parece unha secuencia casual.
É neste contexto, no que se pretende que a nova lingua potencie as capacidades de comunicación e axude á creación de formas diferentes de representación do mundo: o pensamento.
Estes días, no taller de inglés estamos xogando cos números, as cores, a familia, as partes do corpo… Facémolo escoitando, cantando e bailando. Manipulando na alfombra con diferentes materiais, xogando a facer trens, plasmando o que aprendemos nun papel…Temos as nosas mascotas, Dex e Jack, que nos serven para saudar, abrazar, falar… O inglés é divertido!!!