CORPOS XEOMÉTRICOS

Xa coñecíamos as formas xeométricas planas, pero agora como xa somos un pouco maiores ampliamos os nosos coñecementos ás figuras xeométricas con volume.

O mes pasado, os alumnos de 5º de Infantil, estivemos aprendendo os cubos e as esferas e buscamos pola clase e fóra dela figuras parecidas.

Buscamos e trouxemos da casa obxectos con esa forma. Así puidemos descubrir unha nova forma: os prismas, que son cubos máis altos. Fixemos un recuncho na aula para poder manipulalas, comparalas e  xogar con elas: facelas rodar, apilalas…

Tamén ensartamos cubos e esferas facendo unha serie e modelamos con plastilina esas formas.

Observándoos máis detidamente: contamos as caras, se teñen as caras do mesmo tamaño ou non… Aprendemos o nome de vértice para nomear as esquinas.

Repasamos o contorno de esferas e de cubos no papel: démonos de conta que o resultado é facer círculos e cadrados. Escribimos as palabras: ESFERA e CUBO.

noticia1

noticia2

¡Seguiremos aprendendo e descubrindo formas en todo o que nos rodea!

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario