APRENDER XOGANDO

Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria imos xogar cos números. Despois de adquirir e practicar estratexias de cálculo mental dende o principio de curso, un mínimo de 10 minutos diarios, chegou o momento de demostrar os avances neste ámbito.

Alternaremos dous tipos de xogos: un individual –na aula de informática, competindo cada un e unha consigo mesmo- (semellante o realizado, este fin de semana de novembro, en Madrid “1º campionato de España de cálculo mental de primaria” onde tiveron que acertar un número de operacións, no menor tempo posible, gañando o concurso un neno de Valencia). Na seguinte semana,  faremos outro xogo en equipo na aula.

A primeira experiencia, os rapaces e rapazas viviron este momento con gran expectación, nervios, máxima concentración e numerosos acertos. ¡Practicade na casa!

Déixanos un comentario