COMEZO DA ESO

O Claustro de profesores do colexio San José (HH Carmelitas) quere darvos a benvida ao novo curso escolar.

Queridas familias:

Seguindo as indicacións da Consellería de Educación e o “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020-21 para os centros de Ensinanza non Universitaria” publicado pola Xunta de Galicia, elaboramos e adaptamos dito protocolo ao noso Centro Educativo. Adiantámosvos información e algunhas instrucións para unha mellor organización das familias e funcionamento do Colexio de cara ao comezo das clases da ESO:

  • primeiro día (xoves 24), só terán que vir 1º, 2º y 3º da ESO de 12:00 a 13:30.  Ademais das medidas de protección (xel e máscaras) deberán traer un estoxo, a axenda e un caderno.
  • segundo día (venres 25) empezarán os alumnos de 4º da ESO, que terán que vir de 12:00 a 13:30. Os cursos de 1º, 2º y 3º ESO ese día terán un horario de 9:15 a 13:30. Polo que, ademais do anterior, terán que traer a merenda e unha botella de agua, que é imprescindible xa que a fonte estará inhabilitada. 
  • A partir do luns 28, xa no horario habitual,  o alumnado irá traendo o material necesario en función das materias para evitar acumulacións innecesarias.
  • As familias tomarán a temperatura dos alumnos e alumnas na casa antes de levalos á escola. Os que teñan algúns dos seguintes síntomas: febre (máis de 37,5º), tose seca, dor de gorxa, dificultade respiratoria, fatiga severa (cansazo), dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto ou diarrea, non acudirán ao Colexio. De igual modo, aqueles que mantiveron contacto cunha persoa afectada dentro ou fóra da unidade familiar deberán permanecer no domicilio.
  • De ser detectada febre ou outros síntomas a algún alumno ou alumna durante a xornada escolar, avisarase ás familias e deberán presentarse no centro coa maior brevidade posible.
  • As familias de alumnado na ESO non poderán acceder ao recinto escolar, tan só con cita previa.
  • Segundo as instrucións do protocolo, o alumnado non permanecerá nos patios á hora de entrar e saír.
  • Lembramos que non se debe aparcar diante do centro (rúa Currás) co fin de evitar aglomeracións e como medida de seguridade.
  • Recordamos que o uso de máscara para todo o alumnado é obrigatorio a partir dos 6 anos. Terase unha máscara de reposto gardada nun estoxo ou bolsa no pupitre, así coma un bote de hidroxel de uso individual.
  • Para unha chegada e saída gradual dos rapaces e rapazas, prégase puntualidade ás familias e o cumprimento estrito dos horarios.
    • Todos os días, de 8:10 a 14:00 (podendo entrar dende as 8:00)
    • Os luns pola tarde, de 15:30 a  17:30
  • Servizo de Comedor funciona dende  o luns  14 de setembro. As familias poden recoller ao alumnado entre as 14:50 e as 15:15 horas. Será coma en anos anteriores para os fixos (todos os días) ou ocasionais (previo aviso en secretaría antes das 10:00 horas por teléfono ou avisando o alumnado ao titor á hora de chegar á aula). Este ano por cuestións de protocolo non haberá estudo.

Agradecemos de antemán a colaboración de toda Comunidade Educativa para que poidamos manter unha ensinanza presencial ao longo de todo o curso, para iso pedimos un estrito cumprimento das  instrucións e recomendacións que iremos dando, dependendo sempre das ordes ditadas polas Consellerías de Educación e Sanidade.

Ao comezar as clases ampliaremos a información do protocolo para este curso. Se tedes algunha dúbida, consultádea chamando ao teléfono: 986 60 89 14 ou correo electrónico: cpr.sanjose.aguarda@edu.xunta.es

 

Coidádevos moito e bo curso escolar 2020-2021! 

 

Déixanos un comentario