UN TANGRAM

Durante o primeiro trimestre no taller de tecnoloxía estivemos a facer un tangram coa colaboración d@s alumn@s de 2º ESO. Pode que algunhas personas o coñezan pero para quen non teña oído falar del, un tangram é un quebracabezas de orixe chino feito de madeira. Está composto por sete pezas xeométricas. Todas xuntas suman un cuadrado dividido en sete partes distintas. O xogo consiste en imaxinar e construir coas devanditas pezas distintas figuras.

O obxectivo académico deste proxecto é darlle a oportunidade de traballar a madeira con diferentes ferramentas. Sen embargo consideramos que sería unha finalidade moito máis motivadora que unha vez rematado fose entregado a compañeir@s máis pequenos para que fixeran bo uso del, tal como se amosa nestas fotos.

 

A entrega do tangram tivo lugar o mércores 18 de decembro nas aulas de 5 anos e de 1º de primaria. Tendo en conta as datas, a entrega fíxose como se fose un presente adiantado do Nadal. E @s alumn@s máis maiores tiveron a oportunidade de desfrutar c@s máis pequen@s xa que, despois de facerlles entrega dos tangram, estiveron xogando un bo anaco todos xuntos.

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario