TALLER DE TECNOLOXÍA

Nestas semanas na aula taller de Tecnoloxía os proxectos comezados no pasado trimestre están a coller forma.En segundo da ESO están a rematar a estrutura dunha noria que vai a xirar coa axuda dun motor e un sistema de poleas. Todos os grupos teñen que facer o seu propio deseño incluíndo materiais de refugallo. Algunhas teñen a estrutura de madeira e outras de papel e cartón. A continuación móstrase algunha das norias que se están a levar a cabo.

En terceiro da ESO estase a levar a cabo o proxecto dun teleférico que tamén vai a ser activado por un sistema de poleas. Neste caso o motor que moverá o sistema de poleas leva incorporado un sistema redutor que permite baixar o número de revolucións por minuto. Porque de non ser así a cabina do teleférico faría o seu percorrido demasiado rápido.

Blog Attachment

Déixanos un comentario