EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

 

Eu cociño, ti cociñas? É o título da obra que desfrutamos  os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria no Teatro Afundación de Vigo logo de dar unha volta polo porto. Un novo montaxe onde Mamá Cabra volve sorprender e enganchar a nenas e nenos cos seus pegadizos ritmos e unha historia donde a cociña é protagonista.

Coki é un bo cociñeiro e insiste en que na cociña hai que innovar. As súas receitas son moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… digo con xamón!. Mamá Cabra dille que tamén hai que cociñar con amor, porque así todo sabe mellor! Coki tentou preparar un “ polvo á feira”, pero o polvo desapareceu. De sobremesa unhas ricas filloas que mesmo parecían obras de arte.

Di que cociñando podemos recorrer o mundo e facer novas amizades: I can cook, can you cook? Coki continúa a súa viaxe.

Blog Attachment

Déixanos un comentario