A COCIÑAR!!!

 

Como non, na ludoteca segue a maxia e a diversión. Nesta ocasión introducirémonos por un día, nun mundo cheo de sensacións para os nosos peques: A COCIÑA

Vaia sorpresa ! Na clase estaba a mesa blanca toda preparada. Enriba había fariña , ovos, sucre, manteiga, un bol e moldes, ah!!! e un forno.

¿Qué irá acontecer hoxe? Unhas mamás na aula….

Imos facer galletas,espertaremos así os nosos sentidos:

  • TOCAR os ingredientes e masa
  • OBSERVAR a elaboración e como se van a cociñar.
  • ULIR ao estar cocendo.
  • SABOREAR cando estén listas.

O primeiro paso foi examinar e tocar  os ingredientes ( as caras de ledicia e sorpresa díceno todo).

Seguidamente mesturamos pouco a pouco, e como por arte de maxia , ían desaparecendo os elementos que finalmente formaron a masa.

 

Coa masa xa lista cortamos pequenos anacos, coa axuda das mamás, que logo estiraron e cos moldes facendo formas.

Ao ter unhas poucas cortadas , metemos no forno …o arrecendo que había na aula era fascinante asi como o bo ambiente que se viviu toda a xornada.

Cada un levou para a súa casa unhas poucas froito do seu propio traballo.

Unha das cousas que intentaremos transmitir os nenos , con este tipo de actividades, é que vaian recopilando diversas experiencias, o mellor regalo que se lles pode ofrecer.

Agradecer enormemente a colaboración das mamás .

 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario