TEMPO DE SAÚDE
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
O pasado xoves, día 25 de outubro, os nosos alumnos de 3º e 4º de ESO acudiron a unha charla-coloquio no Centro Cultural titulada “Nutrición e saúde. Trastornos alimentarios”, impartida pola Doutora Olga Villar Moreira.
Esta actividade formativa, realizada grazas ao convenio existente entre o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Deputación, pretendeu achegar ao público algunhas pautas básicas sobre a alimentación, desmontar certos mitos estendidos na nosa sociedade ao respecto e, sobre todo, animar aos adolescentes a levar unha vida máis saudable para construír un futuro con menos enfermidades e máis calidade de vida.