ROSALÍA DE CASTRO

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Os alumnos de Educación Infantil e os primeiros cursos de Primaria participamos nas actividades propostas polo Concello de A Guarda, na semana adicada a Rosalía de Castro.
Na primeira actividade: «Que che inspira?», consistiu en ler un fragmento ou frase da obra de Rosalía, e a continuación, debuxar nuns folios e nunhas cartulinas o que nos inspiraba ese fragmento ou frase. Para despois expoñelo no Centro Cultural, Casa do Concello, Praza de Abastos ou comercios que desexasen participar nesta campaña.
A segunda actividade «Muro por Rosalía» consistiu en pintar o muro que está situado ao lado do Conservatorio de A Guarda, onde os rapaces e rapazas de terceiro de Primaria pintaron as súas mans e puxeron tamén o seu nome, xunto a uns fragmentos da obra de Rosalía.
Resultou unha actividade moi enriquecedora ademáis de didáctica.
Blog Attachment

Déixanos un comentario