VIAXE Á PREHISTORIA

Durante este mes de Novembro, na aula de 5 anos viaxamos no tempo ata a prehistoria. Unha mañá apareceu na nosa clase unha caixa procedente deste período da historia chea de segredos, cunha carta dun home prehistórico que nos explicaba algunhas cousas da súa sociedade. Coa axuda das familias, estivemos investigando sobre a forma de vida naquel tempo, os seus costumes e descubrimentos, como o fogo ou a creación da roda. A nosa aula foi enchéndose de ferramentas, debuxos, traballos, animais, covas e fotografías sobre este período. Con todo isto, creamos un dossier do que aprendemos e fixemos un mapa conceptual sobre todo o aprendido.

Unha viaxe no tempo que nos permitiu descubrir moitas cousas!

Blog Attachment

Déixanos un comentario