EXCURSIÓN 4º – 5º

O pasado venres día 27 de outubro, os alumnos/as de cuarto e quinto de primaria atrevémonos coa ruta de senderismo que une Eiras con Goián. 

Dende o departamento de Ciencias e Educación Física aproveitamos estes maravillosos días de outono para facer unha clase ó aire libre.

Nada mais arrancar atopámonos co Río Miño, onde fixemos unha breve posta en común sobre o qué sabíamos.

Polo camiño encontramos diferentes árbores, Iago e Elena comentáronnos algunha curiosidade do carballo e do pino, xa que investigaron recentemente sobre o tema. Vimos unha ponte que parecía un pantano, unha finca con palmeiras, pequenas calas, vacas, un burro que quería ser noso amigo, ata chegar ó Espazo Fortaleza, alí sentamos para descansar, merendar e despois xogar un bo rato. 

Para despedirnos desa estupenda mañá recreamos a vida do Século XVII recorrendo as murallas da Fortaleza e adentrándonos nela.

Finalmente, non nos quedou outra que regresar. Esperando estamos pola próxima!

Blog Attachment

Déixanos un comentario