PANADEIROS!

Fai uns días, os alumnos de 6º de Infantil, convertéronse en panadeiros por un día.

Primeiro, tiveron que pensar que ingredientes precisaban para facer pan e, a continuación, pesaron as cantidades necesarias para a súa elaboración. Mesturaron todos os ingredientes e puxéronse mans á obra!

Aínda que a algún non lle facía moita gracia iso de meter as mans nesa mestura pastosa e estraña, todos fixeron a súa boliña de pan.

Despois de reposar un tempo, e de pasar polo forno…

Velaí estaba! …O noso primeiro pan feito coas nosas mans!

Blog Attachment

Déixanos un comentario