ENTREVISTA A UXÍA

O pasado mes de setembro, os nenos e nenas de 5º de Infantil, coñeceron a Uxía e, coma calquera personaxe que non se coñece, tiveron que facerlle unha entrevista para saber un pouco sobre ela.

Fixéronlle preguntas de todo tipo: ¿Cantos anos tes?, ¿onde vives?, ¿tes irmáns?, ¿cal é a túa cor favorita?, ¿cal é o teu animal favorito?, ¿tes mascotas? ¿pórtaste ben na casa?

Despois de que Uxía respondese a tódalas súas preguntas, despediuse deles dicíndolles que a próxima vez traeríalles unha sorpresa, se lle daban… ¡Un bico de framboesa!

¡Ata a próxima!

 

uxia-aula

uxia-aula2

Blog Attachment

Déixanos un comentario