Cales son as CONDICIÓNS? Porque, claro, ten que habelas… Pois non vos preocupedes, que aí van:
1)-Cada opinión deberá sinalar o título do libro e o seu autor/a, e irá asinada por quen a escriba, indicando curso e idade.
2)-A crítica poderá ser positiva ou negativa –e espero que sexades sinceros- pero sempre respectuosa e cunha linguaxe apropiada.
3)-Antes de que se publiquen na web, teredes que facermas chegar para corrixilas (non estaría ben publicar algo con erros, non credes?). Asimesmo, resérvome o dereito de eliminar fragmentos ou directamente non publicar unha crítica se vexo que o seu contido é inapropiado para unha web escolar.
4)-Por se alguén ía preguntalo, xa volo digo eu: si, conta para a nota!