

Na práctica educativa, a innovación supón un cambio que supera os métodos tradicionais, transformando as prácticas docentes para adecualas a cada individuo e tamén a necesidade da sociedade.
A nosa principal motivación é o desenvolvemento integral do alumno, partindo do seu propio interese e facendo que se convirta no protagonista desta longa e fascinante viaxe que é a educación.
Para tal fin servímonos das técnicas de Aprendizaxe Cooperativa baseadas na Paleta de Intelixencias Múltiples, que traballadas desde o enfoque da intelixencia emocional, serán as ferramentas coas que contemos para conseguir que os nosos alumnos disfruten co seu día a día na escola. A súa aprendizaxe será así, a principal das súas historias.
