RECOMENDACIÓN

Event Description

A Consellería publicou na páxina da Xunta (https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus) as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020. A mayoría están destinadas ao profesorado pero unha delas é recomendable tela en conta:

«O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.»

Polo que se fai a seguinte recomendación: no caso de que mañán o alumno ou alumna non asista ao centro (xa que é de carácter voluntario); por favor, que alguén da súa familia pase polo centro (durante o horario lectivo) a recoller os libros e material que poidan chegar a precisar durante eses días.

En Proceso

RECOMENDACIÓN

Galería