DÍA DA PAZ 17/18
Este martes, 30 de xaneiro, conmemoramos, como todos os anos, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, co que rendemos homenaxe ao líder nacional e espiritual da India, Mohatma Gandhi, que foi asasinado no mesmo día de 1948, deixando un gran baleiro na esperanza de moita xente, pero tamén unha mensaxe de paz que chega ata os nosos días.
Desde o colexio quixemos facer algo especial que recordase esta data e, para iso, os nosos alumnos e alumnas levaron a cabo diferentes traballos:
-un fermoso cartel cheo de mans agarimosas dispostas a axudar o diferente e que rodean unha das máis coñecidas frases de Gandhi: «Non hai camiño para a paz; a paz é o camiño».
-un libro xigante no que se conta a historia de varios cabaleiros que tiveron que deixar de lado as súas diferenzas para seren felices.
-distintas mensaxes de paz coas que decoramos as escaleiras…
Para festexar a xornada, reunímomos todo o cole no ximnasio, onde varios representantes de cada curso leron a súa parte do conto, mostramos encantados as nosas mensaxes de paz e cantamos todos xuntos a canción We are the world, que xa practicaramos antes nas clases grazas á axuda das profes de Inglés e da nosa auxiliar de conversa australiana, Christina. Very well!
DÍA DA PAZ 16/17
Como vén sendo habitual, este luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Nesta data recordamos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto polos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Previamente, durante a semana anterior traballaramos nas clases qué era para nós a Paz. Cada curso chegou a unha conclusión que plasmou nun globo de cartolina.
A CELEBRACIÓN.
Durante a celebración, todos os cursos reuníronse no ximnasio do colexio.
Os nenos de infantil e primaria comezaron cantando a canción ”Solo pido paz” levando nas súas mans uns corazóns que prepararon nas clases.
A continuación leuse una introdución sobre o Día da Paz . Seguidamente, nenos e nenas de cada curso saíron en orde para ler os globos coas definicións da Paz. Ao rematar, os globos pousáronse no chan do ximnasio.
Unha das alumnas de 4º da ESO leu un manifesto pola Paz co título ”Soñamos” e representantes de todos os cursos recitaron a poesía “Paz para todos”.
Como despedida do acto, todos cantamos xuntos”Celebra la vida” de Axel.
Os globos coas frases de cada curso foron expostos nunha das paredes principais do colexio e están a vosa disposición por si queredes entrar a velos.
DIA DA PAZ
