EN DECEMBRO…

Achegámonos ao final deste trimestre…Damos por rematado un ano cheo de circunstancias novas para todos nós.

Entre os nervios da chegada da maxia navideña e o cansanzo de traballar durante meses coma verdadeiros campeóns..

Nestas semanas que quedan de clase…despois de tal esforzo…preséntanse unhas xornadas un tanto máis lúdicas e cheas de espirito navideño…de este modo, fixemos con axuda de tod@s @s nen@s de Infantil e primeiro, unhas estrelas para que decoren o corredor do cole e brilen tanto como as nosas miradas, xa que agora, non podemos gozar dos nosos mellores sorrisos.

Adornamos a clase, grabamos un vídeo dunha panxoliña de Nadal, con moita marcha e descontrol…

Recollemos alimentos para a parroquia…

Tamén lle escribimos unha carta, ben redactada e extensa aos Reis Magos, contándolle as mellores das nosas peripecias deste ano, para darlle a coñecer porque somos merecedores desas “cousiñas”, xa se sabe…, dous o tres que se piden nestas datas. 

Os próximos días, faremos entrega da mesma, dando un paseo ata a oficina de correos da nosa localidade…

E despois de tantas tarefas, para rematar…

Con todo o noso agarimo queremos felicitar a tod@s este Nadal cunha enormeeee aperta dende a nosa clase de 2º de Primaria.

BO NADAL 2.020

Blog Attachment

Déixanos un comentario