PASTORAL

  • O equipo de pastoral promociona e anima experiencias que buscan espertar no alumnado valores humanos e cristiáns, sensibles ás necesidades do mundo que nos rodea.

    Celebramos xuntos momentos importantes do ano escolar (Nadal, Santa Xoaquina..), participamos en campañas solidarias, levamos a cabo experiencias de voluntariado, adicamos uns minutos cada día á oración, reflexión e búsqueda no noso interior

    A participación e colaboración de toda a comunidade educativa é un elemento necesario para acadar os obxectivos que pretendemos.