Ludoteca

  • O colexio San José conta dende o ano 2011 cun SERVICIO DE LUDOTECA para nenas e nenos de 2 anos cunha ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA. Este servizo facilita aos pais poder levar os nenos ao mesmo centro educativo onde están escolarizados os seus irmáns e ademais permite aos cativos familiarizarse co centro onde poderán estudar no futuro. O noso obxectivo é o de desenvolver hábitos e destrezas propios da súa idade a través do xogo e desta forma potenciar a súa autonomía. Realizan psicomotricidade, inícianse no inglés, espertan a curiosidade polo que lles rodea…Todo iso prestando especial atención ao desenvolvemento afectivo dos nenos e nenas, pois a Educación Emocional aumenta o seu benestar persoal e axúdaos a ser máis felices.

    “O mellor medio para facer bos aos nenos é facelos felices” (Óscar Wilde)