A MISIÓN

Somos un colexio comprometido coa sociedade que, inspirado nos valores Vedruna e en colaboración coas familias, formamos persoas responsables, con afán de superación e preparadas para afrontar retos futuros.

A VISIÓN

Queremos ser un centro que proporcione unha boa preparación académica, humana e cristiá aos nosos alumnos, co obxectivo de que sexan capaces de acometer con éxito as súas etapas futuras na vida e, seguindo o estilo de Joaquina de Vedruna, lograr unha sociedade máis fraterna e solidaria; libre, responsable e creativa; xusta e participativa.

Desexamos conseguir unha escola que sexa un referente cultural para as familias, con boas instalacións e dotada coas máis modernas tecnoloxías, totalmente integradas nos procesos de ensinanza – aprendizaxe. Pretendemos dar unha educación plurilingüe, incorporando ademais das dúas linguas oficiais (galego e castelán) unha lingua estranxeira (inglés) como lingua vehicular de ensino.

Aspiramos a desenvolver unha xestión de centro comprometida coa mellora continua, cun persoal implicado, innovador e participativo, que presente un alto nivel de satisfacción.

OS NOSOS VALORES

• Responsabilidade: Cumprir coas tarefas diarias e esixencias da súa propia aprendizaxe sendo consecuente cos seus actos.

• Respecto: Saber tratar de forma correcta os demais aceptando as diferenzas, cunha actitude adecuada ao lugar no que se atopa.

• Afán de superación: Desenvolver o potencial de cada un, tendo en conta as características individuais e o esforzo persoal para lograr as metas a alcanzar.

• Conciencia social: Contribuír a formar cidadáns responsables e con sentido crítico que reflexionen e actúen sobre as distintas realidades sociais e ambientais.